Curso 2017/2018



PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA AOS NOVOS ALUMNOS


          Iniciado o novo curso, organizamos unha xornada de acollida para presentar e familiarizar ao novo alumnado co uso da biblioteca. Tras explicarlles a organización dos fondos e o funcionamento da mesma, os rapaces elaboraron un gran cartel de benvida, no que cada estudante deseñou unha letra. 



Alumnos de 1º de ESO na sesión de benvida á biblioteca





                 EN MARCHA COAS MOCHILAS VIAXEIRAS


Un ano máis, os nenos de educación infantil e primaria levan a casa as mochilas cheas de contos, aventuras, revistas e películas con que viaxar polos mundos da imaxinación. Esperamos que todos disfruten das súas viaxes en familia.


Alumnos de educación primaria portando mochilas viaxeiras do novo curso

     


               PREVINDO CONDUCTAS DELICTIVAS



O pasado 16 de novembro o alumnado de ensino secundario asistíu á charla divulgativa ktorce18 (Fundación Barrié), impartida por un membro da asociación ARELA,      acerca das consecuencias penais de conductas delictivas en menores de idade.
 Interesantísimo para todos.


Estudantes de secundaria na conferencia ktorce18



                       DILLO A QUEN MALTRATA


   Con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, tódolos alumnos e profesores do centro reunímonos na biblioteca para manifestar o noso apoio á causa. O acto consistíu na lectura de cartas escritas por varios estudantes e dirixidas aos maltratadores.

Evento cheo de contido e emocións intensas.  






          


            ENCONTRO COA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN


            No mes de decembro recibimos a visita de varios membros da asociación Síndrome de Down. Con eles aprendimos como son as persoas con este síndrome, de maneira que poidamos comprender mellor aos nosos compañeiros con estas características. 

Alumnos de secundaria asisten á charla cos membros da asociación





                                LECTURA COMPARTIDA


            Con motivo do Nadal, dende a biblioteca organizamos unha lectura de contos para nenos de educación infantil. Os lectores foron os alumnos de 4º ESO. Toda unha experiencia lectora.



Nenos de 6º de E. Infantil escoitan os contos lidos por estudantes de 4º ESO





                           EN LOITA CONTRA OS INCENDIOS



            Este curso o noso centro participa no programa O monte vivo, dentro do Plan Proxecta. Os alumnos de 4º ESO, especialmente, están a traballar na loita e prevención de incendios forestais, algo que ten moi castigada a Galicia. Como mostra do seu traballo, os rapaces fixeron unha exposición para o resto da ESO. Interesantísimo. 



Rapaces de 4º ESO expoñen o seu traballo na biblioteca






                                    RECICLEMOS XUNTOS!

            Antes de iniciar as vacacións de Nadal, tivemos unha sesión de reciclaxe en Guntín. Nela aprendimos a importancia de reciclar para o sostemento do planeta. Igualmente aprendimos a facer adornos de Nadal a partir de obxectos cotiáns.





                             
                                 DÍA DA PAZ EN GUNTÍN



            Este ano, con motivo da xornada mundial da paz 2018, os membros da comunidade educativa de Guntín reunímonos na biblioteca para celebralo. Varios alumnos presentaron traballos elaborados en clase sobre persoas premiadas co premio nobel da paz. Para rematar a sesión, cantamos todos xuntos a canción Paz, paz, paz de Juanes.





                           

                                REMEMORANDO A ROSALÍA


            O 23 de febreiro congregámonos para recordar a Rosalía de Castro. Os alumnos de E. Primaria reuníronse no patio para escoitar aos alumnos de E. Secundaria recitar poemas da autora. Un a un, os rapaces de ESO foron recitando a través dunha das fiestras da biblioteca, seguindo o lema deste ano: abride a fiestra.



                                                    Rapaces de 4º ESO recitando a través da fiestra da biblioteca




                                      SEMANA CULTURAL



            Estando próximas dúas datas moi celebradas en relación co mundo da cultura, o DÍA DO LIBRO e o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, disfrutamos este ano dunha semana dedicada especialmente a eso, á promoción da cultura en tódolos ámbitos do coñecemento. Para iso, entre o 16 e o 20 de abril, tiveron lugar  obradoiros científicos, charlas, encontros musicais… en diversos espazos do centro.


Alumnas de 4º ESO comparten experiencias de física-química con compañeiras de 1º ESO


Obradoiro de elaboración de moedas romanas






                                                        CERTAME ‘O MONTE VIVO’


            Quedan expostos os traballos feitos polos alumnos participantes no certame convocado no mes de abril para tódalas etapas educativas do noso centro. O tema do concurso era ‘O monte vivo’: reflexionar e sensibilizar acerca da necesidade de coidar a natureza. Os premios foron entregados aos gañadores no acto de clausura da Semana Cultural.



               Parabéns aos premiados!









                                                                FEIRA DO LIBRO 2018

            Un ano máis o noso centro acolle a Feira do Libro. Familias e profesores doaron libros e os rapaces de 4º ESO encargáronse da venda durante os momentos de lecer. Os cartos recadados están destinados á excursión de fin de curso dese grupo.


Estudantes de 4º ESO atenden o expositor de libros durante o lecer.





                  FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

            Chegada a festa da comunidade, o 16 de maio tivemos a nosa celebración no salón de actos. Dedicada á escritora galega rememorada este ano, Mª Victoria Moreno, alumnos e profesores nos deleitaron con poemas e cancións. 





  E PARA REMATAR...  CONTACONTOS!

Este curso iniciamos un grupo de contacontos dramatizados, formado por rapaces voluntarios de E. Secundaria e dirixido aos nenos máis pequenos do centro. A idea é promover a participación dos propios alumnos do centro na actividade de contacontos: historias contadas por nenos grandes a nenos pequenos. 

Dramatización do conto 'Carapuchiña vermella' para nenos de E. Infantil .




No hay comentarios:

Publicar un comentario