Curso 2016/2017


En primavera…    contacontos!


      O 12 de maio os nenos de Educación Infantil e Primaria asistiron á narración de contos a cargo de Fátima Fernández, quen os fixo voar polos mundos da imaxinación.


Sesión de contacontos cos nenos de E. Infantil


Feira do libro 2017


         Un ano máis, coincidindo coas celebracións en torno ao Día das Letras Galegas, tivo lugar no mes de maio a VIII Feira do Libro, para a que se recavaron libros e películas doadas polos membros da comunidade educativa de Guntín. Al igual que outros anos, os cartos destínanse a financiar a excursión de fin de curso dos alumnos de 4º ESO, que nesta ocasión comparten viaxe cos nenos de 5º/6º de E. Primaria.


Libros expostos para ser vendidos durante a feira de 2017





Celebrando a Rosalía de Castro


            Para festexar os 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, o 15 de maio tivo lugar na biblioteca un acto de lectura compartida de poesías da insigne escritora. Varios alumnos de educación secundaria recitaron poemas en vivo e, por outro lado, proxectáronse audiovisuais de cantantes e grupos que teñen musicalizadas obras desta poetisa.

Alumnos de E. Secundaria recitando poesías da autora galega


        

 A paisaxe na literatura e nas artes


A través desta exposición asociada ao Proxecto Terra, tratamos de mostrar a presenza das paisaxes  natural e urbana nas artes plásticas, así como na literatura e na música. No taboleiro se expoñen fotografías, debuxos elaborados e textos literarios extraídos por alumnos de e. primaria e e. secundaria. Por outro lado, esperamos ter feito en breve un video con imaxes e música asociados á temática que nos ocupa.

Exposición



En loita contra a ciberviolencia de xénero


            O pasado 24 de marzo os rapaces de secundaria asistiron na biblioteca a un interesantísimo obradoiro sobre violencia de xénero en internet. A relatora, membro da organización PantallasAmigas, visitou o centro para fomentar o uso saudable das novas tecnoloxías e a cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia.


 PantallasAmigas con rapaces de E. Secundaria




Celebramos o día da muller na bibliotaca

O día 8 de marzo de 2017 tivo lugar unha táboa redonda organizada conxuntamente co CEIP de Lousada con motivo do Día da Muller. Para tal ocasión contamos coa presenza de seis mulleres que desenvolven profesións donde a presenza femenina é aínda minoritaria. Con elas os rapaces aprenderon a importancia da igualdade de xénero para o desenrolo integral das persoas que convivimos na sociedade. Todos os asistentes aprendimos das experiencias vitais destas seis mulleres loitadoras, fixemoslles preguntas e compartimos con elas momentos de entrañable emotividade.

Relatorio e táboa redonda na biblioteca




Tempo de castañas

    A entrada da estación preinvernal inicia o tempo dos produtos agrícolas propios desta tempada, entre eles as castañas, uno dos alimentos bandeira da nosa comunidade.

     Considerando o enorme peso da castaña nas tradicións autóctonas e incluso na literatura, dende a biblioteca solicitamos a colaboración para realizar un traballo colectivo, interdisciplinar, centrado precisamente no outono e as castañas.    

    A experiencia desenvolvida recolle múltiples perspectivas do tema central: paisaxística, fotográfica, gastronómica, literaria, artística, científica, antropolóxica e multilingüística. Unha vez elaborados, os traballos foron expostos nun gran mural habilitado no corredor de acceso á biblioteca. 

Exposición Tempo de castañas








 Anxo Fariña en Guntín

             O 20 de decembro de 2016, antes de partir de vacacións, 
contamos coa presencia de Anxo Fariña, escritor e deseñador de literatura infantil e xuvenil. Anxo relatou o conto Don Quixote e Breogán aos nenos máis pequenos a través da narración verbal e o debuxo. Seguidamente,  introduciu aos alumnos de e. primaria e e. secundaria nos rudimentos do deseño gráfico, orientando aos rapaces mentres debuxaban os seus propios personaxes imaxinarios. Á final da xornada, o escritor asinou varios libros de súa autoría que nos deixou como obsequio para engrosar o catálogo da nosa biblioteca.

Anxo Fariña cos nenos de Guntín







Presentación da biblioteca aos novos alumnos do curso 2016-17

           Ao comezar o curso organizamos unha xornada de acollida para familiarizar ao novo alumnado co uso da biblioteca. Tras explicarlles a organización dos fondos e o funcionamento da misma, os rapaces elaboraron un gran cartel de benvida, no que cada estudante deseñou unha letra. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario