Curso 2015/2016

VISITA DE SABELA NÚÑEZ AO NOSO CENTRO      




      Hoxe os alumnos do noso club de lectura tivemos unha visita moi especial, porque Sabela Núñez acompañounos para poder falar todos xuntos sobre o seu libro O agasallo de Anya. As andanzas de Anya e Xiana enganchounos a todos dende o primeiro momento da súa aparición, pola historia de amizade e solidariedade que descubrimos ao longo das súas páxinas. Sabela foi desmenuzando os entresixos da elaboración da súa novela e sorprendeunos saber como o seu relato se vai espallando máis alá de Galicia -de feito mesmo hai un mural sobre O agasallo de Anya en Marrocos!

ooooooooooooooooo




 


CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

      Un ano máis no noso centro quixemos celebrar o Día internacional das bibliotecas dando a coñecer aos alumnos de 6º de Primaria e 1º de ESO o funcionamento da do noso centro. Unha vez que xa estabamos familiarizados co seu funcionamento, xogamos a localizar distintos títulos. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario