miércoles, 29 de marzo de 2017

Tempo de castañas


    A entrada da estación preinvernal inicia o tempo dos produtos agrícolas propios desta tempada, entre eles as castañas, uno dos alimentos bandeira da nosa comunidade.

     Considerando o enorme peso da castaña nas tradicións autóctonas e incluso na literatura, dende a biblioteca solicitamos a colaboración para realizar un traballo colectivo, interdisciplinar, centrado precisamente no outono e as castañas.    

    A experiencia desenvolvida recolle múltiples perspectivas do tema central: paisaxística, fotográfica, gastronómica, literaria, artística, científica, antropolóxica e multilingüística. Unha vez elaborados, os traballos foron expostos nun gran mural habilitado no corredor de acceso á biblioteca. 

Exposición Tempo de castañas


E para Nadal…. contacontos!



            O 20 de decembro de 2016, antes de partir de vacacións, contamos coa presencia de Anxo Fariña, escritor e deseñador de literatura infantil e xuvenil. Anxo relatou o conto Don Quixote e Breogán aos nenos máis pequenos a través da narración verbal e o debuxo. Seguidamente,  introduciu aos alumnos de e. primaria e e. secundaria nos rudimentos do deseño gráfico, orientando aos rapaces mentres debuxaban os seus propios personaxes imaxinarios. Á final da xornada, o escritor asinou varios libros de súa autoría que nos deixou como obsequio para engrosar o catálogo da nosa biblioteca.

Anxo Fariña cos nenos de Guntín

miércoles, 22 de marzo de 2017

Presentación da biblioteca aos novos alumnos do curso 2016-17


           Ao comezar o curso organizamos unha xornada de acollida para familiarizar ao novo alumnado co uso da biblioteca. Tras explicarlles a organización dos fondos e o funcionamento da misma, os rapaces elaboraron un gran cartel de benvida, no que cada estudante deseñou unha letra. 









lunes, 14 de diciembre de 2015

VISITA DE SABELA NÚÑEZ AO NOSO CENTRO

       




      Hoxe os alumnos do noso club de lectura tivemos unha visita moi especial, porque Sabela Núñez acompañounos para poder falar todos xuntos sobre o seu libro O agasallo de Anya. As andanzas de Anya e Xiana enganchounos a todos dende o primeiro momento da súa aparición, pola historia de amizade e solidariedade que descubrimos ao longo das súas páxinas. Sabela foi desmenuzando os entresixos da elaboración da súa novela e sorprendeunos saber como o seu relato se vai espallando máis alá de Galicia -de feito mesmo hai un mural sobre O agasallo de Anya en Marrocos!
       

viernes, 19 de junio de 2015

REMATAMOS O CURSO

      E chegamos ao final deste curso! É tempo de vacacións e de disfrutar, pero lembrade que tamén o verán é tempo de libros. Aquí tedes o vídeo co que se despediron os compañeiros de 4º de ESO. Xa só resta desexarvos a todos un BO VERÁN. Vémonos en setembro!

XA SOMOS 10.000!

      Chegamos á cifra máxica! Xa somos 10.000 na nosa biblioteca e quixemos celebralo por todo o alto. Para iso, todos participamos neste vídeo que vimos hoxe no festival de final de curso no que reflexionamos un pouco sobre a biblio e os libros. Aquí o tedes para poder volver a velo na casa.